Tesouros de Queiruga.

Mar 08, 2011 21:30

A primaveira túrbame. Cústame moito adaptarme ó frío e, cando por fin o consigo, aparece de súpeto un sol de estreno e impertinente, coma un neno de papá vestido de domingo, presumindo de zapatos acharolados e da bici mais grande.
Aínda así é bonito poder ir á plaia de Queiruga.
Poñerse ó sol nunha plaia valeira.
Confirmar que nunca na vida poderei ( Read more... )

Leave a comment

Comments 3

minoritario March 10 2011, 11:39:20 UTC
Comprender está ben, pero non comprender moito mellor... Un día destos teño que ir á praia do Trece a desprenderme un pouquiño do inverno...

Reply

nena_de_lume March 10 2011, 13:37:43 UTC
Un amigo díxome que era moi bonita e que quedaba preto da Coruña, mais aínda non tiven oportunidade de visitala. Póñoa na miña lista de próximas visitas agora que chega o bó tempo, xusto ó lado de Baroñs.

Reply

minoritario March 10 2011, 17:42:58 UTC
Queda entre Camariñas e Laxe... pensarás que son un flipado, pero é un sitio máxico... tódolos anos rezo para que non fagan carretera, nin a escarallen... se vas sobre agosto-setembro ademáis poderás desfrutar da froita da camariña, unha pranta que vive nas dunas e que ten a súa maior poboación en Trece, ao mellor xa a coñeces.
Con sorte este ano acamparei alguna noite por aló. Xa contarás que che parece.

Reply


Leave a comment

Up